PÉREZ CARBALLO, MARÍA DO CARME / MÉNDEZ, XOEL
Había unha vez unha goma de borrar que tiña o bandullo cheo de palabras, mais tamén gardaba un segredo para a súa dona Antía, unha rapaza moi afecionada a escribir contos cando tiña oito anos. Era o misterio das palabras que a rapaza perdera de nena. Agora neste libriño Antía atopa o xeito de recuperar as súas historias perdidas.