Sería inexcusable privar a unha colección de grandes clásicos do pensamento da obra dun dos grandes teóricos do marxismo, impulsor de achegas fundamentais na evolución da esquerda europea. No contexto dos anos máis convulsos do século XX, Antonio Gramsci (1891-1937) fundou o Partido Comunista de Italia e foi vítima da barbarie mussoliniana. No seu breve periplo vital, Gramsci atopou o tempo necesario para legar á humanidade o testemuño dunha mente brillante, dinámica e adaptativa, na súa meirande parte grazas a textos redactados nas duras condicións dos cárceres fascistas e adoecendo sempre dunha precaria saúde. Os textos escolmados nesta antoloxía refírense, primeiro, ao período anterior ao encarceramento do autor (de 1916 a 1926); a parte principal da escolma corresponde xa aos anos de prisión, os chamados Cadernos do cárcere, escritos entre 1929 e 1935. Finalmente, a antoloxía incorpora unhas poucas pero moi significativas cartas. A variedade impresionante das anotacións dos Cadernos, a diversidade de temas e a fragmentación das reflexións pode desconcertar e impedir ver os grandes troncos baixo esa densa