Había unha vez, no medio e medio do bosque, unha rapaza chamada Brancaneves que fuxía dunha bruxa malvada. Nunha casiña, habitada por 77 ananos, atopou acubillo.
Os simpáticos ananiños acordaron que podía quedar con eles o tempo que quixese.
-Poderías axudarnos un pouco coas tarefas da casa? -dixéronlle.
Esta reinterpretación do conto clásico de Brancaneves supón un canto á liberdade. Unha historia divertida e chea de humor que cuestiona os estereotipos aceptados que moi a miúdo impiden a educación na igualdade de dereitos e oportunidades de nenos e nenas.