Na peza teatral Cínicas, Sara, unha anciá afectada da síndrome de Dióxenes, enfronta o persoal dos servizos sociais, que está a ocupar a súa vivenda coa probábel intención de desaloxala. A propia Dióxenes, unha filósofa grega da Antigüidade, é desterrada da cidade - unha nova refuxiada, emigrante ou homeless- por defender unha vida natural, allea ao luxo, e considerar a pobreza un camiño para a virtude. Ana acode cada ano a unha cita co seu amante que, esta vez, non aparece. Tres vidas críticas contras as convencións dialogan na procura da autenticidade, perante un público convertido en observador cómplice dunha realidade delirante