Unha familia de caracois vivía nunha xugosa col. Coa casa ás costas, percorríana lentamente na procura dalgunha herba tenra para roer. Un día, un pequeno caracol díxolle ao seu pai: ?Cando sexa grande, quero ter a casa máis grande do mundo.? ?Iso é unha parvada,? respondeu o pai, que resultou ser o caracol máis prudente de todos. ?As cousas grandes non sempre son as mellores.?