Neste libro fermoso, Xosé Chao Rego ofrece cen traducións doutros tantos fragmentos da Biblia. Un traballo de tradución e interpretación concienzudo e erudito, acompañado de comentarios, notas e versificacións, que constitúe unha síntese acaidísima para que o grande público poida achegarse ao texto bíblico na nosa lingua. O nacemento de Israel, a alianza de Abraham, a risa de Sara, ¿qué sucedeu en Sodoma?, a vida dos patriarcas, o nacemento da Pascua, a vida no deserto, no cume do Sinaí, as dez palabras, a morte de Moisés, Sansón contra os filisteos, a vocación de Samuel, o retorno da Arca, a casa de David, a orixe do clan humano, de Noé a Babel, Ezequiel, a sentinela, a claudicación de Xonás, a econstrución de Xerusalén son algunhas das pasaxes bíblicas interpretadas dende o coñecemento bíblico de Xosé Chao Rego.
Un libro ilustrado a toda cor, en cada unha das súas páxinas, por Soledad Pite Sanjurjo e Pedro Ávila Durán, constítúe unha das máis atractivas edicións do texto bíblico en galego e a primeira ilustrada por artistas nosos.