As mulleres que teñen fe na literatura non adoitan fiarse dos escritores. E levan algo de razón.
Dun libro é posible arrincar as páxinas que non nos pracen, esquecer as que nos crispan, botar ó lume as que xa gastamos coa lectura ou as que non pensamos ler. En troques, dun señor que escribe non é tan fácil esmoucar e desbotar os seus defectos nin as súas ideas nin as súas miradas.
As mulleres acaban crendo no que escribes ou no que es, pero case que nunca nas dúas cousas.