A vida de activismo incesante de Paco del Riego contada para todos os públicos e ilustrada con 200 imaxes. Publicada por Alvarellos Editora en coedición co Consorcio de Santiago en abril de 2023, a través de 164 páxinas e máis de 200 fotografías e documentos, o autor percorre a vida única de don Paco, incesante construtor da identidade e das Letras galegas dende os tempos da República ata o seu pasamento en 2010. De Compostela ao exilio interior. Francisco Fernández del Riego detense especialmente nunha década fundamental: os anos 30 en Santiago de Compostela.