Aos parisinos divírtelles un insólito fenómeno que dende
hai meses acontece nas rúas da Cidade da Luz:
Victor, mala sorte a túa, ti que facías na rúa? é a enigmática mensaxe que acompaña uns círculos trazados no chan con xiz. No centro desas figuras aparecen obxectos variopintos:
a cabeza dun boneco, un trombón, unha bombilla, un iogur, unha pata de pomba
un gato morto!