Unha vez máis Reixa pónnolo difícil, pero xa estamos afeitos. Despois de facer cambalear as nosas ideas sobre poesía, vídeo e música, con este libro o noso xeito de entender a narrativa tampouco quedará intacto. Reixa segue experimentando novas maneiras de escribir, mostrándonos con toda crueza as súas preocupacións e obsesións. `Transporte de superficie´ é unha nova manifestación dun artista complexo e radical.