Unha barra de labios que volve tolas as rapazas. Uns calzóns que proporcionan calidades prodixiosas a quen os pon. O esterco dun xardiñeiro afeccionado que produce unha praga de moscas. Unha cola milagrosa que, despois de catro horas, deixa de funcionar. Un esqulete no retrete e osos que camiñan pola praia... Vaiche boa! Historias alucinantes que hai que gozar e ler con cautela porque... coidado!, crean adicción á lectura.