ARIAS CASTAÑO, LOIS / ARIAS LOPEZ, VALENTIN
Máis de cincuenta persoas participan neste libro colectivo, ?Xela Arias, quedás en nós?, que constitúe unha homenaxe con motivo do primeiro cabodano do pasamento da poeta e tradutora. O volume, promovido por Edicións Xerais de Galicia, a Asociación de escritores de Lingua Galega e a súa familia, está organizado en catro grandes apartados: ?No pouso dos afectos? (reúne semblanzas, poemas e homenaxes literarias realizadas por amigos, familiares e compañeiros e compañeiras); ?No silencio das palabras? (transcrición das palabras pronunciadas na cerimonia da súa despedida); ?Vencerse é cousa de se tratar? (transcrición da homenaxe realizada en Vigo o 29 de maio de 2004, organizada pola AELG, ATG e AGE) e ?Un día tiven desexos e cumprinos? (completa aproximación bio-bibliográfica). Estas colaboracións literarias enriquécense con outras de carácter gráfico (fotografías e ilustracións) que fan do libro unha completa achega para mellor comprender e admirar a traxectoria humana e literaria dunha das voces máis singulares da poesía galega última..
Xela Arias (Sarria, 1962 ? Vigo, 2003) foi escritora, tradutora, profesora é membro do cadro fundacional de Edicións Xerais de Galicia. Publicou unha recoñecida obra poética que iniciou con ?Denuncia do equilibrio? (Xerais, 1986), continuou con ?Tigres coma cabalos? (Xerais, 1990), ?Darío a diario? (Xerais, 1996) e rematou con ?Intempériome? (2003). A súa morte, o 3 de novembro de 2003, conmocionou á sociedade literaria galega que agora lle rende unha homenaxe coa edición deste volume colectivo.