O protagonista deste relato acumulativo de estrutura repetitiva
e circular é unha sorte de Principiño que, farto da soidade,
emprende un camiño iniciático. Diversos animais fantásticos
-de inspiración mítica e valor simbólico- vanlle facendo
compaña e conformando un grupo heteroxéneo e compacto:
o peixe que tiña a cola do revés, o cabalo alado,
o tigre arco da vella, o elefante elegante...
"A viaxe de Olaf" destaca pola profusión de colorido
e pola harmonía coa que Martín León Barreto combina
gamas cromáticas. Son ilustracións de formas xeométricas
dotadas de movemento e dinamismo, e integradas
como pezas dun complexo crebacabezas faunístico