Este é un libro de princesas que bailan, que xogan ou que espertan. Tamén de princesas que se anoxan e que se alegran. Hai algunhas que loitan e outras que berran. Xunto a princesas que fan do silencio a mellor ferramenta. Pódese cambiar a palabra «princesas» por «príncipes» e todo será igual. Porque este é un libro de poemas que claman a favor da igualdade.