O diccionario práctico de equivalencias entre galego, portugués e castelán ofrece por primeira vez unha ferramenta de traballo e consulta que relaciona a nosa lingua coas outras dúas coas que convive. Está constituído por 120.000 entradas, o que supón falar de máis de 40.000 entradas por cada lingua, coas súas respectivas correspondencias. Ademais, o formato da obra ofrece un tratamento visual anovador e didáctico, relacionando cada lingua cunha cor diferente para facilitar unha consulta rápida.