Majina, a primeira novela galega moderna. Apareceu publicada por entregas na revista madrileña La Ilustración Gallega y Asturiana en 1880, o annus mirabilis da literatura galega en que tamén viron luz os libros Follas novas, Aires da miña terra e Saudades gallegas, de Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Lamas Carvajal, respectivamente. Malia publicarse neste ano, actualmente sabemos polo manuscrito conservado que a obra estaba redactada dende 1870, conforme a data que aparece na portadiña do autógrafo, na que tamén se pode ler o título, subtítulo, unha advertencia e o nome do autor: