Este segundo volume de No Fondo dos Espellos apaña o treito inicial da triloxía, cos artigos publicados entre 2007 e 2010 dunha obra xornalística e ensaística primordial que tivo o seu espazo sábado a sábado no Faro de Vigo. A lectura deste fato de textos contribúe a deitar luz ao redor dunha abraiante diversidade temática que non pode máis que estimular o vieiro para unha praxe emancipadora.