Oxímoro é a contradición permanente , Unha combinación de estados de ánimo contrapostos , de vida e morte , de asasinato e xogo , de segundos eternos , de luminosidade escuridade ou de tristes alegrías . A vida é , sen luigar a dúbidas ,pura discordancia . En Oxímoro preséntasenos unha contraposición entre a luminosidade xerada nun rapaz que a través do xogo descobre o mundo , sen máis pretensión có paseniño devagar do pedaleo da súa vella bicicleta, e a escuridade coa que unha cadea de asasinatos tingue o Concello de Melide , que se presenta ante nós coma un enorme museo que require da súa urxente posta en valor . Así pois , a vida , como se nos mostra a través deste delicioso libro , é precisamente iso : un oxímoro .