MODESTO GARCÍA QUINTÁNS / NIEVES GARCÍA CENTENO
Sobre o Monto do Pindo tense escrito moito, pero queda máis por descubrir, como se fai neste libro, no que cada apartado xa podería dar para un volume por se mesmo. Aquí, abárcanse, de maneira sinxela, aspectos como a xeografía e a hidrografía, cos ríos e fontes do entorno, así como datos da poboación dos lugares que rodean o macizo, porque hai xente que vive e viviu ao pé do dito monte. Tamén se fai un breve percorrido histórico e asemade se recollen as lendas que quedaron na memoria dos nosos antepasados. O inédito deste libro son as diferentes rutas e os seus puntos de interese, coas coordenadas UTM, e cun pequeno mapa de axuda que inclúe dende as máis coñecidas até outras menos transitadas, como a dos muíños, a dos camiños sacramentais ou as que levan até as covas e refuxios que hai, a moreas, polo pedregal máxico que sempre consegue hipnotizar a quen mira par el. Ao final, inclúese un listado dos topónimos do Monte do Pindo, que, se non se conservan, corren o risco de caer no esquecemento.