O historiador António Resende de Oliveira dedicou unha longa carreira de investigador ós estudios sobre os aspectos sociais, históricos e culturais dos trobadores, e neste libro recolle e sintetiza as súas conclusións para o lector afeccionado, o filólogo ou o historiador da literatura, Contén achegas moi valiosas tocante ás cortes literarias señoriais, as condicións de creación e transmisión da producción trobadoresca e un completísimo ficheiro biográfico dos trobadores que é o máis completo desde O Cancioneiro de Ajuda de C. Michaëlis. Por vez primeira os nosos autores medievais cobran corpo e relevo e deixan de ser sinxelas etiquetas identificativas para adquirir unha figura persoal e histórica tanxible, cuns intereses de clase e de clan.