Por fin a famosísima obra literaria de Kenji Miyazawa se publica en galego. Neste volume, traducido por Gabriel Álvarez e ilustrado por Miguel Robledo, inclúense sete dos seus relatos máis coñecidos: ?Unha noite no tren da Vía Láctea?, ?A estrela da avenoiteira?, ?A araña, a lesma e o tanuki?, ?A oficina dos gatos?, ?Orbel e o elefante?, Matasaburó, o do vento? e ?Gauche o violoncellista?. A poesía do cotián, a desbordante imaxinación e a tenrura caracterizan un clásico moderno, considerado ?o Principiño? da literatura xaponesa. Este libro forma parte da colección ?Clásicos ilustrados? e puido publicarse mercé ao apoio económico de máis de 60 mecenas.