Poemas ilustrados que tratan de incentivar a creatividade e a imaxinación dos lectores e lectoras máis pequenas, cun libro divertido que, ademais, axuda a formar a súa personalidade.
Poemario infantil ilustrado de fácil lectura e comprensión. Expresión poética e plástica conflúen nesta obra que dá título á colección. Reforza a poesía galega, a poesía infantil nun momento adecuado para converterse nunha grande obra lírica do panorama da exitosa e cualitativa literatura infantil e xuvenil de Galiza.