O 7 de maio de 1959, Sir Charles Percy Snow (máis tarde, Lord Snow), científico e novelista, pronunciou a conferencia anual máis prestixiosa da Universidade de Cambridge, a Rede Lecture. Ese ano o título da charla era As dúas culturas e a revolución científica, e serviu para asentar definitivamente o termo as dúas culturas. O texto da Conferencia Rede converteuse en libro (The two cultures, C.P. Snow, Cambridge University Press, 1959); ese libro abriu unha longa polémica, e agora o Consello da Cultura Galega celebra o 50 aniversario da charla inicial cunha serie de coloquios-debate e coa
tradución ao galego de As dúas culturas.