PAUL AUSTER / PAUL KARASIK / DAVID MAZZUCCHELLI
Sinalado por The comics journal como un dos 100 mellores cómics do século xx+, El Patito Editorial comprácese en publicar en lingua galega - e en versión do escritor Xavier Queipo - a novela gráfica Cidade de Cristal. Da man de Paul Karasik na adaptación e da concisa e expresiva pluma de David Mazzucchelli na ilustración, a novela de Paul Auster foi sorprendentemente transformada a unha nova linguaxe, 'creando - na aguda observación de Art Spiegelman - un estraño doppelganger do libro orixinal'. O traballo na tradución do recoñecido escritor galego Xavier Queipo - bo coñecedor da obra de Auster, co que comparte o ter acadado o Premio Juan de San Clemente - é un atractivo engadido ao xogo de espellos que conforma esta obra mestra da novela gráfica.