Cando en 1987 apareceu a primeira edición de Lugo Blues (Concello de Lugo) axiña se converteu nun libro de culto, e os seus versos- que percorren a memoria persoal do autor mais tamén interpelan a nosa memoria colectiva- ían pasando de man en man en man descifrando o espírito desta cidade amurallada. Agora, tantos anos depois, case corenta era tempo de regresar a esta grán creación de Claudio Rodríguez Fer; que aquí revisa e amplía con numerosos poemas, e que incorpora ademais o suxestivo traballo artístico de Sara Lamas.....