?E ti, por que non traballas, Frederick??,
preguntábanlle os demais.
?Eu traballo?, respondíalles Frederick.
?Apaño raios de sol para os fríos días do inverno?.
Unha familia de ratiños recolle provisións e todos traballan,
agás Frederick, que aparentemente non fai nada.
Pero sen que os demais o saiban, el tamén se aprovisiona:
raiolas de sol, cores, palabras... Cando chega o inverno,
os seus compañeiros recoñecen que a súa misión poética
fora esencial para que os ratos sobrelevaran mellor a crueza
da estación invernal. E así Frederick é aceptado tal e como é.